Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación en esta web, en cumplimento do Real Decreto-lei 13/2012. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK | Máis información

Centro de Psicoloxía Clínica en Santiago de Compostela

Centro Psicoloxía Santiago

O Centro de Psicoloxía Clínica Psimarta nace co obxetivo de ser un centro de referencia especializado no ámbito da saúde mental, tanto no ámbito da Psicoloxía Clínica infanto-xuvenil como na atención á saúde mental en adultos.

O seu enclave, no barrio de Santa Marta (Santiago de Compostela), supón un punto chave para o centro, por estar rodeado dos principais hospitais públicos da capital galega.

Dende o centro Psimarta, de carácter privado, pretendemos dar acollida a calquera demanda que esté relacionada co ámbito da Psicoloxía Clínica: avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico. Dispoñemos de servizos de Psiquiatría e Logopedia, para dar unha maior cobertura ás súas necesidades.

Para nós o importante son as persoas, as súas biografías, as súas lendas, e dende o primeiro momento o noso obxetivo será o seu benestar.

Psicoloxía Clínica

Atendemos calquera demanda que esté relacionada coa Psicoloxía Clínica, en nenos, adolescentes e adultos: avaliación, diagnóstico e psicoterapia...
Ler máis

Logopedia

Ocupámonos da prevención, avaliación e tratamento dos trastornos da comunicación humana e funcións asociadas, tanto na poboación infantil como adulta ...
Ler máis