centro de psicoloxía clínica en santiago de compostela

COÑÉCENOS

Benvido a Psimarta

Psicólogos Clínicos en Santiago de Compostela

O Centro de Psicoloxía Clínica Psimarta nace co obxetivo de ser un centro de referencia especializado no ámbito da saúde mental, tanto no ámbito da Psicoloxía Clínica infanto-xuvenil como na atención á saúde mental en adultos.

O seu enclave, no barrio de Santa Marta (Santiago de Compostela), supón un punto chave para o centro, por estar rodeado dos principais hospitais públicos da capital galega.

Coñece o noso centro

Especialistas en Psicoloxía Clínica

Dende o centro Psimarta, de carácter privado, pretendemos dar acollida a calquera demanda que esté relacionada co ámbito da Psicoloxía Clínica: avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico. Dispoñemos de servizos de Psiquiatría e Logopedia, para dar unha maior cobertura ás súas necesidades.

Para nós o importante son as persoas, as súas biografías, as súas lendas, e dende o primeiro momento o noso obxetivo será o seu benestar.

Coñece os nosos servizos

Psicoloxía Clínica

Atendemos calquera demanda que esté relacionada coa Psicoloxía Clínica, en nenos, adolescentes e adultos: avaliación, diagnóstico e psicoterapia...

Ver máis

Logopedia

Ocupámonos da prevención, avaliación e tratamento dos trastornos da comunicación humana e funcións asociadas, tanto na poboación infantil como adulta ...

Ver máis

Equipo terapéutico

O centro Psimarta conta con un equipo de profesionais especializados no ámbito da saúde mental. Traballamos como un equipo integrado e multidisciplinar, buscando sempre a mellora e o benestar dos nosos pacientes.

Somos Especialistas en Psicoloxía Clínica, pero tamén poñemos á súa disposición os servizos de Psiquiatría e Logopedia, dando unha maior cobertura ás súas necesidades.

Coñece o noso equipo