Nutricionistas Santiago de Compostela - Psicólogos clínicos en Santiago

Servicio de

Nutrición Clínica

A nutrición é unha ciencia que estuda a maneira na que nos debemos alimentar. A nutrición clínica estuda a relación entre os alimentos, nutrientes, vida, saúde e enfermidade. A nutrición é preventiva, e hoxe en día sábese que unha alimentación saudable, equilibrada e variada é un piar fundamental para levar a cabo un estilo de vida saudable e é clave para a prevención de enfermidades como as cardiovasculares, a obesidade ou a Diabete tipo 2.

Na infancia, a nutrición débese ver como un aspecto esencial para o desenvolvemento e crecemento dos nenos e é unha competencia máis que deben aprender a través da educación nutricional, utilizando recursos como xogos ou talleres. A infancia é un período para aprender, descubrir, explorar…, polo que vai ser o mellor momento para instaurar as bases dunha alimentación saudable que farán que perduren na vida adulta.

O traballo nesta área baséase ea educación nutricional, libre de dietas e ensinando os fundamentos dunha alimentación saudable e equilibrada a través de ferramentas, así como coñecementos impartidos polo nutricionista. En esencia, preténdese ensinar a gozar da comida sen culpas nin restricións a través do cambio de hábitos.

A dietas son momentáneas, o cambio de hábitos é para toda a vida.

Intervencións en ADULTOS

Intervencións en POBOACIÓN MATERNO-INFANTIL

DURACIÓN DA TERAPIA NUTRICIONAL

Unha boa intervención será aquela na que aporte ó paciente as ferramentas adecuadas para poder continuar de forma autónoma no seu día a día.

A duración de cada tratamento nutricional dependerá de cada individuo e das características que se necesite levar a cabo para a súa intervención.

A primera consulta será de unha duración de 60 minutos, e as revisións de seguemento posteriores serán de 30 a 45 min.