Dúbidas frecuentes

Canto tempo teño que esperar para unha cita?

Depende da dispoñibilidade da clínica nese momento, podendo ser de 10-15 días ou máis dun mes, en tempadas de máis demanda. En ocasións puntuais temos que abrir lista de agarda.

Hai citas dispoñibles para urxencias?

Non dispoñemos de citas dispoñibles para urxencias. A cita que se lle vai a ofrecer será a primeira dispoñible en axenda. Avisarase da posibilidade de adiantar a cita sempre que quede un oco dispoñible antes de súa cita.

Cantas citas necesito e cada canto tempo teño que asistir a terapia?

A frecuencia e duración da terapia depende de cada caso individual e de como sexa a súa evolución. Nas sesións de Psicoloxía, o máis frecuente é que as primeiras citas se dean con unha frecuencia quincenal, e a medida que se observa unha evolución favorable vanse ampliando (mensuais, por exemplo). En outras ocasións, a dispoñibilidade de horarios da clínica e do paciente pode influír na frecuencia das citas. Cando a evolución é favorable e mantida no tempo, proponse a alta terapéutica.

Cal é o procedemento das sesións?

Na primeira consulta recóllense os datos persoais e a Historia Clínica, sendo necesario firmar o Consentimento Informado de Protección de Datos. Posteriormente faise a valoración clínica de cada caso e en ocasións iníciase xa a intervención. A avaliación e valoración do caso pode levar máis de unha sesión.<
En caso de menores, a primeira consulta faise case na súa totalidade cos pais. En situacións de separación dos pais, será necesario o consentimento firmado de ambos pais.
Ó final de cada sesión prográmase a seguinte cita de revisión, onde se revisan as pautas de intervención e se valora a evolución.

Canto duran as sesións de Psicoloxía?

A primeira consulta ten unha duración´de entre 60-80 minutos. As sesións de revisión teñen unha duración de 50 minutos.

Si cancelo unha cita teño que aboala igualmente?

As citas que se cancelan cunha antelación de 24 horas ou debido a causas xustificadas (enfermidade, urxencias, etc.) non se cobrarán. As citas que non se cancelan con tempo ou non se acude (esquecementos, despistes, confusións de fecha…) cobraranse integramente.