Psicólogos Santiago de Compostela - Psicólogos clínicos en Santiago

Servizo de

Psicoloxía Clínica

Atendemos calquera demanda que esté relacionada coa Psicoloxía Clínica, en nenos, adolescentes e adultos: avaliación, diagnóstico e psicoterapia.

Para nós, o obxetivo principal de unha Psicoterapia é mellorar o seu benestar e calidade de vida, na medida do posible, mediante as ferramentas adecuadas das que dispón a Psicoloxía Clínica.

Intervencións en ADULTOS

Intervencións en NENOS E ADOLESCENTES

DURACIÓN DA TERAPIA

A mellor psicoterapia non é a que dura máis tempo, senón a que consegue alcanzar os obxetivos desexados no menor tempo requerido.

A duración da terapia dependerá de cada caso individual. Unha vez dado de alta ó paciente, aconséllanse sesións de seguemento a medio prazo para avaliar o mantemento dos cambios.

A duración da primeira sesión é de 60-80 minutos, e as sesións de seguemento de 50 minutos.

Modalidades de Terapia

A modalidade da intervención, sempre vai a depender de cada caso individual e de cada tratamento. Cada terapia estará deseñada de forma que se cumpran os seus obxetivos da mellor forma posible e no menor tempo preciso.