Psicoloxía Clínica - Psicólogos especialista en Santiago de Compostela

A Psicoloxía Clínica

No centro de psicoloxía clínica Psimarta somos Especialistas en Psicoloxía Clínica.

A especialidade en Psicoloxía Clínica surxe no ano 1993, mediante un sistema de Residencia de 4 anos, no Sistema Nacional de Saúde (sistema PIR, Psicólogo Interno Residente).

Trala Licenciatura, o acceso ó sistema PIR realízase mediante un exame anual a nivel nacional. Unha vez superado o exame, a formación PIR lévase a cabo nos hospitais e centros de saúde acreditados da rede do Sistema Nacional de Saúde, durante 4 anos.

A vía PIR é a única pola que se pode obter a Especialidade de Psicoloxía Clínica, e, polo tanto a única vía para exercer na Sanidade Pública.

No ámbito da Psicoloxía privada, leva a maior confusión dado o gran número de profesionais da Psicoloxía que, sen selo, se anuncian como Psicólogos Clínicos e exercen tarefas relacionadas coa Psicoloxía Clínica.